Sunday 05 de May de 2024

7.500 persoas convirten a XVII Festa do Lacón con Grelos nunha das edicións máis concorridas de toda a súa historia


Os establecementos da zona prepararon 550 quilos de lacón e 850 de grelos. Competencias ecuestres, caninas, mostras e moito máis na última xornada da que xa é unha das citas gastronómicas máis destacadas da Comunidade
Ordes 8 marzo 2015. Mesón do Vento acolleu hoxe a segunda e última xornada da XVII Festa do Lacón con Grelos. Unha das máis concorridas da súa traxectoria grazas ás 7.500 persoas que hoxe non se quixeron perder esta cita gastronómica, unha das máis importantes da xeografía galega. Todos eles deron ben conta dos arredor de 550 quilos de lacón e carne de porco e dos 850 de grelos quese prepararon nos establecementos da zona. Un números de asistentes aos que hai que engadir os aproximadamente 3.000 que onte desfrutaron dun programa no que o concurso de disfraces foi o principal atractico, xunto coas mostras de gando.
Unha gran afluencia de público que, sen dúbida animada polas boas condicións meteorolóxicas, desfrutaron dunha xornada con actos e actividades do máis variadas e para todos os gustos. O Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes foron os encargados de iniciar a xornada cos seus ritmos tradicionais, os cales se deixaron sentir en toda a localidade. As mostras de gando e maquinaria agrícola, as probas de andadura federada de 2 e 4 tempos, carreiras de trotadores, arrastre cabalar, agility canina, así como a e a música en vivo completaron o programa deseñados para o día de hoxe.